el
trato que los sucesivos gobiernos vienen dando a las Fuerzas Armadas y a
sus integrantes y el papel que se le ha impuesto en nuestra sociedad
son una prueba más de que los intereses que defiende la política
gubernamental no son los del conjunto de la población sino los de grupos
de poder económico y financiero muy reducidos. - See more at:
http://juantorreslopez.com/#sthash.7QpqEtAq.dpuf
vc
Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si continúas utilizando este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.
jueves, 3 de julio de 2014
¿Para qué sirve el ejército español?
.... el trato
que los sucesivos gobiernos vienen dando a las Fuerzas Armadas y a sus
integrantes y el papel que se le ha impuesto en nuestra sociedad son una prueba
más de que los intereses que defiende la política gubernamental no son los del
conjunto de la población sino los de grupos de poder económico y financiero muy
reducidos. (máis...)
miércoles, 18 de junio de 2014
CCOO, UGT e CIG anuncian mobilizacións o 30 de xuño contra a represión sindical
Os secretarios xerais de CCOO, CIG e UGT anunciaron esta mañá
mobilizacións nas principais cidades e vilas do país contra a represión
sindical. Estas accións estarán apoiadas pola Alianza Social Galega, que
integra máis de sesenta organizacións. (máis...)
sábado, 12 de abril de 2014
EMPLEO: Un cambio a peor
El aumento de afiliaciones a la Seguridad Social puede darse, por
ejemplo, si se despide a una persona empleada a tiempo completo que gane
1.200 euros para contratar a otras tres que realicen el mismo trabajo
por 300 euros cada una. Esta es precisamente la estrategia que buscaba y
favorece la última reforma laboral (máis...)
Llueven mercenarios sobre Siria
Un completo informe difundido este martes ratifica la injerencia de EE.UU. y sus aliados en Siria a través del reclutamiento de casi 250 mil mercenarios. Datos y razones de un conflicto que ya se cobró más de 100 mil vidas.(máis...)
lunes, 7 de abril de 2014
Soberanía alimentaria. ¿De que falamos?
|
A produción en base á agroecoloxía, a relocalización da produción e a comercialización nos mercados locais e de proximidade que defende a soberanía alimentaria suporían ademais unha redución drástica das emisións de gases con efecto invernadoiro, axudaría a anticipármonos á situación de colapso que se aveciña por mor do pico do petróleo e provocarían máis xustiza co campesiñado mundial, ao evitar entre outras cousas o acaparamento de terras e prohibir o dumpin. A soberanía alimentaria non nega o comercio internacional. Se queremos tomar café, temos que importalo. Pero si cuestiona o movemento masivo de alimentos básicos que cada pobo pode producir.(máis...)
viernes, 4 de abril de 2014
UCRANIA: Entrevista con Ígor Korótchenko, experto militar ruso, director del Centro de Análisis del Comercio Mundial de Armas
Información crucial para comprender a situación en Ucrania aportada cunha rixidez hierática imponente. Un lixeiro movemento da man esquerda como transgresión. (máis...)
miércoles, 2 de abril de 2014
Para lá do euro
"uma coisa é uma saída do euro conduzida
por um governo patriótico e de esquerda, outra, diferente, é uma
saída do euro conduzida pela mesma política de direita que nos
trouxe à atual situação e que não deixaria de fazer
recair sobre o povo os custos de tal decisão" (máis...)
miércoles, 26 de marzo de 2014
CCOO espera que la negociación abierta con el Gobierno Rajoy "abra vías que eviten la escalada de la confrontación social"
Triste papel o destes dirixentes de CCOO. Propóñense actuar de bombeiros para apagar o fogo da "confrontación social". Cando o que fai falta é que as agresións do capital, obteñan a correspondente resposta na rúa en forma de masivas mobilizacións pacíficas, que axuden a crear a necesaria conciencia entre a xente, para posibilitar un novo goberno alternativo ós do PPSOE e nacionalistas afìns, veñen estes burócratas sindicais a colaborar co goberno de Rajoy e coa patronal para desactivar a mobilización en marcha. En vez de apoiar as marchas do 22M, e prevendo o éxito masivo que resultaron, cúbrenlle as costas a Rajoy escenificando unha reunión valeira de contido. (Ver nota de CCOO)
jueves, 20 de marzo de 2014
martes, 18 de marzo de 2014
lunes, 10 de marzo de 2014
miércoles, 5 de marzo de 2014
O PCE solidarízase co pobo ucraniano fronte ós golpistas
(...) Occidente abiertamente, sin guardar las formas, se ha decidido por el
apoyo directo a la actuación de las fuerzas ultraderechistas, primando
los intereses de culminar una profunda transformación de la situación en
Europa, con la pretensión de destruir los lazos económicos, culturales y
sociales de Rusia con una parte del pueblo ucraniano, se trata de
evitar la consolidación de Rusia como un contrapoder, que dispute la
hegemonía en Europa del Este a la Troika y entregar Ucrania como un
nuevo protectorado de los EEUU, y la OTAN, del FMI y de varias
multinacionales, a traves de su sumisión a la UE (máis...)
Venezuela: ¿De quiénes son las barricadas?
(...) las trancacalles de la burguesía opositora venezolana tienen sus
particularidades. La primera es que se autocalifican de “pacificas”,
aunque son defendidas con suma violencia: con molotov, granadas de
clavos (modalidad importada de Colombia), guayas degolladoras…y
francotiradores (máis...)
miércoles, 26 de febrero de 2014
Referendum en ANOVA e coalición con IU
Por Román Alonso
O referendum en ANOVA deste domingo pasado xerou expectación no conxunto da xente informada políticamente de Galicia e de toda España.
Dilucidábase a posibilidade tamén na nosa terra dunha coalición electoral para as eleccións europeas do maio vindeiro na que confluiran formacións políticas de raigame nacionalista como ANOVA, xunto con outras de impronta federalista como IU, cada unha delas cunha notoria diversidade interna.
O principal elemento de unión situábase na necesidade de configurar unha alternativa potente contra as políticas capitalistas, hoxe imperialistas e neoliberais, defendidas polo PPSOE, UpyD e nacionalistas afins.
Para IU a decisión é máis fácil xa que a batalla anticapitalista que non entende de fronteiras é a súa razón de ser.
A decisión prevíase máis complicada para os nosos nacionalistas, por canto no seu ideario está a negación da necesidade do estado español e polo tanto das organizacións políticas dese ámbito.
Esta negación constitutiva precisa unha traducción na práctica que algúns interpretan no senso de negar idealmente ós partidos de ámbito estatal. Pero a realidade socio económica non entende de idearios. ¿Cómo explicarlle os galegos e galegas na lista do INEM que organizacións políticas que din loitar para superar esta situación e ademáis coinciden globalmente no diagnóstico das causas e das vías de solución, non son capaces de articular unha opción electoral unitaria?
Si se opta por priorizar a loita socioeconómica, digamos loita de clases, explícase que un sector de ANOVA, maioritario inda que por mínimos, optase pola coalición con IU, sen por iso renunciar nen aprazar as súas reivindicacións nacionalístas.
Na medida en que por ANOVA se perciba que a coalición con IU non a debilita como nacionalista, tal vez as iniciais reticencias dalgúns sectores tendan a atemperarse.
En primeiro lugar compre salientar que unha coalición electoral é algo moi distinto dunha fusión de partidos. Digo isto, porque a frase de Chelo Martínez – caso de ter falado realmente así - de que persoalmente “non se ve nunha organización federal”, da a entender que nalgunha medida confúndense os términos.
Digamos para rematar que este paso de ANOVA constitúe un fito histórico no camiño de articular unha alternativa capaz de aportar ilusión a clase obreira e sectores populares castigados polo sistema.
Dilucidábase a posibilidade tamén na nosa terra dunha coalición electoral para as eleccións europeas do maio vindeiro na que confluiran formacións políticas de raigame nacionalista como ANOVA, xunto con outras de impronta federalista como IU, cada unha delas cunha notoria diversidade interna.
O principal elemento de unión situábase na necesidade de configurar unha alternativa potente contra as políticas capitalistas, hoxe imperialistas e neoliberais, defendidas polo PPSOE, UpyD e nacionalistas afins.
Para IU a decisión é máis fácil xa que a batalla anticapitalista que non entende de fronteiras é a súa razón de ser.
A decisión prevíase máis complicada para os nosos nacionalistas, por canto no seu ideario está a negación da necesidade do estado español e polo tanto das organizacións políticas dese ámbito.
Esta negación constitutiva precisa unha traducción na práctica que algúns interpretan no senso de negar idealmente ós partidos de ámbito estatal. Pero a realidade socio económica non entende de idearios. ¿Cómo explicarlle os galegos e galegas na lista do INEM que organizacións políticas que din loitar para superar esta situación e ademáis coinciden globalmente no diagnóstico das causas e das vías de solución, non son capaces de articular unha opción electoral unitaria?
Si se opta por priorizar a loita socioeconómica, digamos loita de clases, explícase que un sector de ANOVA, maioritario inda que por mínimos, optase pola coalición con IU, sen por iso renunciar nen aprazar as súas reivindicacións nacionalístas.
Na medida en que por ANOVA se perciba que a coalición con IU non a debilita como nacionalista, tal vez as iniciais reticencias dalgúns sectores tendan a atemperarse.
En primeiro lugar compre salientar que unha coalición electoral é algo moi distinto dunha fusión de partidos. Digo isto, porque a frase de Chelo Martínez – caso de ter falado realmente así - de que persoalmente “non se ve nunha organización federal”, da a entender que nalgunha medida confúndense os términos.
Digamos para rematar que este paso de ANOVA constitúe un fito histórico no camiño de articular unha alternativa capaz de aportar ilusión a clase obreira e sectores populares castigados polo sistema.
lunes, 24 de febrero de 2014
PSUC-VIU VALORA DE FORMA CRÍTICA LA CONSULTA ACORDADA EN EL PARLAMENTO CATALÁN
(...) Sobre la consulta ( vía, pregunta , fecha ) , en consecuencia con nuestrostros análisis y posiciones , debemos seguir valorándolo de forma crítica . No nos ha de valer el considerarque podía haber sido peor . Nosotros continuamos viendo un proceso ( constituyente ) delconjunto del Estado que es el único que puede sumar fuerzas en lo social y en lo democrático ( por lo tanto también en lo nacional ) Debemos defender el derecho a decidir en este marco, desplegando toda nuestra opción federalista y reputación republicanos que confronta con el centralismo y que se diferencia nítidamente del independentisme: abriendo espacios y buscando alianzas . (máis en catalán...)
miércoles, 19 de febrero de 2014
Cómo derrocar un Gobierno en cinco pasos
¿Cómo se llevan a cabo los golpes de Estado en el siglo XXI? En
tiempos donde la guerra 'cuerpo a cuerpo' no es eficaz, han surgido
nuevos métodos para tomar el poder. (máis...)
lunes, 10 de febrero de 2014
Derrota de Arabia Saudita en Siria
Opositores sauditas revelaron que Washington ha hecho saber al régimen
saudita que el Estado sirio entregó al Consejo de Seguridad de la ONU
una enorme cantidad de documentos e informes sobre la implicación de
Arabia Saudita en el respaldo directo al terrorismo en Siria.
Responsables estadounidenses advirtieron a Riad que Rusia pudiera
basarse en esos datos para respaldar la solicitud de Siria de que se
adopten sanciones contra todos los gobiernos implicados en el apoyo al
terrorismo. Agregaron que Washington no podría oponerse a esa gestión ya
que el terrorismo es una prioridad de su política oficial y que todo
intento de bloquear esa iniciativa podría tener las graves consecuencias
seguidamente enumeradas: (máis...)
He de suponer que el Ministerio de Exteriores comprende que estamos en guerra...
Kerry y Obama alientan
en Kiev lo que reprimen duramente en su
país. Los líderes europeos disuelven a manguerazos las concentraciones no autorizadas,
metiendo a los manifestantes en la
cárcel, mientras que en el caso ucraniano hacen exactamente lo contrario y
encima amenazan a Rusia. Lógicamente esto forma parte de la guerra informativa (máis...)
sábado, 8 de febrero de 2014
García Rubio señala que el fuerte incremento del paro en enero desmiente la propaganda del PP
El Secretario de Economía y Empleo del IU
declaró también que la política del PP destruye empleo, rebaja salarios y
agrava la crisis. (máis...)
lunes, 27 de enero de 2014
GOLPE DE ESTADO FASCISTA EN UCRANIA
Los acontecimientos en
Ucrania están tomando un cariz cada vez más dramático y alarmante. En una serie
de regiones se está produciendo la toma de los organismos locales de gobierno,
por parte de grupos bien organizados. Los partidarios del gobierno legítimo y
los integrantes de las Fuerzas del orden, están siendo víctimas del terror,
físico y moral. El Maidán de Kiev, está dejando de ser ante nuestros ojos una
protesta pacífica y democrática para adquirir tonos cada vez más “pardos”. Los
que marcan el paso no son ya ingenuos defensores de los derechos humanos, sino
elementos abiertamente fascistas. (máis...)
martes, 21 de enero de 2014
El nivel de renta de los bielorrusos supera al de los rusos, polacos o al de los habitantes de las repúblicas bálticas
Esa es la conclusión a la
que han llegado los especialistas del Instituto norteamericano “Gallup”. El estudio
abarca el análisis del nivel medio de ingresos en 131 países del mundo. La
cuantía se calcula en función de las respuestas de los encuestados, la mitad de
los cuales declara tener unos ingresos por debajo de la media, y la otra mitad
por encima. Esa metodología permite, con mayor grado de exactitud que el
habitual indicador de la media aritmética, determinar la situación real.(máis...)
domingo, 12 de enero de 2014
Arabia Saudí financia a terroristas en Irak
Cada día que pasa le queda más claro a la comunidad
internacional la implicación de Arabia Saudí en los conflictos
regionales, como los que atraviesan Siria e Irak.(máis...)
viernes, 10 de enero de 2014
Izquierda Unida y el referendum en Cataluña
Varios partidos del arco parlamentario catalán, CiU, ERC, ICV-EUiA y CUP
han consensuado con fecha 12-12-13 el impulso a un referendum en
Cataluña con una doble pregunta: “’¿Quiere que Catalunya sea un Estado?’
En caso afirmativo quiere que dicho estado sea ¿independiente?”. (máis...)
domingo, 29 de diciembre de 2013
15º Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros
15º Encontro Internacional
de Partidos Comunistas e Operários
8-10 NOVEMBRO 2013, LISBOA
jueves, 26 de diciembre de 2013
Lo de Amnistía Internacional supera la mayor de las devergüenzas
.Ahora, el 23.12.13, nos viene Amnistía
Internacional con lo siguiente, mirando hacia otro lado ante la brutal
violencia de los fascistas ucranianos, y ante la intromisión occidental
en un asunto propio de la soberanía ucraniana. (máis...)
miércoles, 18 de diciembre de 2013
SOBRE LA CONSULTA PEL DRET A DECIDIR A CATALUNYA (cat/cast)
La separació per la separació
és una idea reaccionària, ja què en el nostre cas concret, Catalunya,
constituint-se en un Estat independent, sortiria d’una òrbita
d’explotació nacional per a caure dins d’una altra igual o pitjor (…) La
separació per la separació no resol el problema nacional, perquè la
continuïtat de l´imperialisme comporta l’opressió nacional, progressiva,
inclús d’aquelles nacions que un dia van ser independents i sobiranes.”
Joan Comorera(máis...)
viernes, 29 de noviembre de 2013
martes, 19 de noviembre de 2013
CARMEN IGLESIAS NA CARROZA MEDIÁTICA
Por
Román Alonso Santos*
Afirma
Inma López Silva na súa columna da Voz de Galicia do pasado día
15, respecto de Carmen Iglesias Sueiro, que nunha
multitude idiotizada – refírse a AGE- sempre hai un neno
clarividente – refírse a Carmen - disposto a demostrar que o
rei vai espido”.
Inma
non debía estar moi segura do que dicía, porque advírtenos
previamente que ela é escritora e non parlamentaria.
Por
miña parte, sin ser escritor, véxome animado a redactar algo de
sentido diferente.
Empezarei
contextualizando que Inma súbese a carroza florida na que certos
medios auparon á política ourensana - da que segundo Inma ¡ninguén
fala! - acompañándoa con certas coplas. Nunha estrofa argumental
preséntase a Carmen como unha vítima dun perverso sistema no que
os partidos políticos – todos sen distinción- funcionan coma unha
especie maquinarias inhumanas que asoballan dereitos persoais, sempre
magnánimos.
Non
se aclara que Carmen
é unha simple tránsfuga
que se desvincula da disciplina da formación política, Esquerda
Unida, gracias á cal se colocou de número dous na candidatura por
Ourense. Que o fai por motivos tan pouco desinteresados como aumentar
os seus ingresos cunha boa paga de deputada ou darlle pábulo ó seu
ego.
Na
seguinte copla insinúase que AGE presentouse coma unha especie de
alternativa antisistémica e agora demostraríase que non é máis
que un partido máis, estariamos ante “una
pérdida brutal de la inocencia del llamado frente antisistema”.
Que polo tanto debe pedir perdón por ter acusado ós demáis de
certas perversidades inespecificadas.
Especifiquemos
nós que AGE presentouse nas eleccións non como anti-partido, senon
como anti- sistema capitalista, porque sabemos, coma todos os que
saben do asunto, que a crise que padecemos, coas secuelas de paro e
mortes anticipadas, non é duns politicos corruptos, inda que tamén,
senon do propio sistema capitalista inicuo en sí mesmo.
A
diferencia de AGE respecto dos demáis partidos do arco é a
priorización dos intereses da clase obreira de do pobo en xeral
fronte ás privatizacións, recortes sociais e caciquismo. Nese
camiño está o léxítimo acordo unitario de coalición, que toda
militante cabal debe aceptar disciplinadamente.
Nunha
terceira estrofa considérase un caso de corrupción imperdonable que
o deputado ourensán Fernández Calviño se desprazara a traballar a
Dinamarca, mantendo a acta de deputado e perdendo lóxicamente gran
parte dos seus honorarios, inda que provisionalmente, mentras se
intentaba que Carmen desistira da súa teima.
A
veces critícase que moitos politicos o sean profesionalmente, coma
unha especie de desertores do traballo normal, e agora que un
deputado pode simultanear traballo e parlamento, temos un rasgamento
de vestimentas: que si defrauda ó electorado, din os que non o
votaron, como se os votantes de AGE preferiran no parlamento a unha
tránsfuga; que si debe patear a provincia, como si as estructuras de
AGE non o fixeran, coma si non existira internet.
Aproveitando
que a carroza pasa cerca da sua casa, o BNG reclama a acta de
concellal de Calviño, equiparando o transfuguismo cunha excisión
partidaria e o PP intenta xustificar a súa reducción dos membros do
parlamento.
Non
sei si con estas notas de réplica queda máis claro quén está
espido, espida ou radiografiada nesta historia, si Carmen, si AGE ou certo
periodismo. Pode que Carmen sexa a máis lista da coalición, pero
con xente únicamente lista non se constrúe unha sociedade máis
agradable. Listos tamén son os banqueiros que saquean ó pobo coa
colaboaración imprescindible dos partidos do sistema e xa vemos por
onde nos levan. Para cambiar o mundo precisamos xente boa, xenerosa,
solidaria e fiable.
*
Román Alonso, ex-coordinador comarcal de Esquerda Unida en Vigo.
domingo, 17 de noviembre de 2013
El dilema imposible de la socialdemocracia europea
La tradición socialdemócrata suele defender, una vez abandonado el
objetivo del socialismo, que es posible vivir bajo un capitalismo de
rostro humano. (máis...
)
)
jueves, 14 de noviembre de 2013
Maduro cumple: golpea a la burguesía vendepatria
¿Se ha vuelto loco el presidente de Venezuela Nicolás Maduro al ordenar la drástica rebaja de los precios de infinidad de productos, intervenir cadenas de tiendas, detener gerentes especuladores y asignar a la guardia popular la misión de cuidar el orden de esta operación? (máis...)
sábado, 9 de noviembre de 2013
CARMEN IGLESIAS SUEIRO, TRÁSFUGA INTERRUPTA
Por Román Alonso
A negociación para a
constitución de AGE fíxose contra reloxio en setembro de 2012. Un
pacto destas características entre EU e ANOVA requiría un tempo,
porque nas organizacións democráticas compre explicarse ben
internamente, non can os acordos coma a chuvia. Para que unha
proposta prospere no Consello Político Nacional de EU, compre
convencer; en ANOVA que inda non tiña vai un ano as súas
estructuras organizativas tan estructuradas, máis do mesmo. Un dos
motivos do PP para adiantar as eleccións foi impedir que o pacto de
AGE puidera levarse a cabo.
Nos estatutos de EU
esíxese ademáis un referendum interno que se realizou a toda presa,
porque os prazos legais para presentar a candidatura ante a xunta
electoral eran perentorios.
Toda a militancia de EU
sabiamos, cando votamos que na confección das listas intentábase un
equilibrio ó 50% entre EU e ANOVA. Logo os resultados electorais
reais alteraron lixeiramente este equilibrio. Carmen Iglesias sabíao
cando votou a candidatura.
Os estatutos de Esquerda
Unida establecen que os cargos públicos pertencen á organización e
non as persoas particulares que os desempeñan. Entre os deberes de
calquera afiliada-o indícase o de manter permanentemente calquera
cargo público ou responsabilidade orgánica a disposición do órgano
polo que foi elexida. Os candidatos e candidatas de EU foron
aprobados-as polo Consello Político Nacional, o mesmo que agora lle
pedíu que cedera o posto.
Carmen Iglesias sabíao
cando aceptou ir de candidata por EU.
Desentenderse dos seus
deberes en relación coa organización política que lle facilitou o
acceso a unha cargo público chámase transfuguismo.
EU e AGE, de común
acordo, deben intentar impedir que se consume este descolgue dunha
candidata respecto dos seus compromisos persoais e políticos. A
lexislación electoral vixente e a normativa do parlamento galego,
elaboradas polo PP, permiten e non impiden que un deputado teña a
súa residencia fora de Galicia, que compatibilice o seu traballo coa
súa laboura parlamentaria.
Polo tanto é moi
probable que poida interrumpirse un delito político de
transfuguismo, bocinado e bendecido a todo watio por certas
industrias da información e políticos oportunistas que babean
inquina e mexan auga bendita de preocupación pola merma de adicación
de David ó desempeño como deputado.
Así pois, sentimos moito
que non se cumplan os seus desexos destructivos sobre AGE, poden
vostedes berrar, patexar e coucear, pero en EU e AGE non mandades,
porque a nosa vida é nosa e da xente que nos deu a súa confianza.
Dito isto, envíolle un
sinceiro saúdo a Carmen Iglesias e a miña solidariedade no persoal,
xa que no político errou, porque malos dias témolos calquera.
Galicia, 10-11-2013
viernes, 8 de noviembre de 2013
"CCOO no ha cometido ninguna ilegalidad ni hay indicios de enriquecimiento personal de ningún responsable sindical"
El sindicato presenta las conclusiones de la Comisión de Investigación interna sobre los ERE fraudulentos en Andalucía (máis...)
jueves, 31 de octubre de 2013
miércoles, 30 de octubre de 2013
Documental sobre Bielorrusia (1ª parte)
Documental realizado por el canal “Krasnaya Linia” (creado por el PCFR),
que nos acerca a la realidad de la pequeña Bielorrusia. Lo he dividido
en dos partes de unos 13 minutos. En esta primera parte se centran en
enseñarnos como Bielorrusia ha sabido mantener todo lo mejor del sistema
educativo soviético. Un sistema que también incluía (y sigue incluyendo
en Bielorrusia) la educación en valores patrióticos, la preparación
para la defensa de la patria, en el conocimiento, respeto y orgullo por
los logros del pasado.(máis...)
miércoles, 9 de octubre de 2013
lunes, 30 de septiembre de 2013
ELECCIÓNS AUTÁRQUICAS EN PORTUGAL 2013
A CDU (PCP, PEV, ID) única formación política que aumenta en votos respecto de 2009.
Crecen tamén as candidaturas independentes á calor do descrédito dos partidos gobernantes.
Um conjunto de resultados de inegável valor, importância e significado.
Resultados totais
viernes, 30 de agosto de 2013
TAMBORES DE GUERRA CONTRA SIRIA
EEUU e caniches menores constitúense en acusador, fiscal, xuiz e verdugo respecto dun suposto episodio militar ocurrido na periferia de Damasco con armas químicas.
Os medios mercenarios mundiais alinéanse desvergonzadamente.
(máis...)
Os medios mercenarios mundiais alinéanse desvergonzadamente.
(máis...)
martes, 14 de mayo de 2013
NACIONALISMOS DE GRANDE E PEQUENA NACIÓN EN ESPAÑA
Por Román Alonso*
Estamos inmersos
nunha crise capitalista sistémica que está exacerbando de xeito novedoso a
confrontación capital-traballo en países da UE, con especial virulencia no sur.
A resistencia obreira toma forma de grandes mobilizacións de masas e desgaste
das formacións políticas tradicionalmente
dominantes.
Antes da crise
parecería que as operacións de saqueo de recursos naturais estratéxicos polos
monopolios e poderes financeiros multinacionais
e as consecuentes batallas políticas ou de guerra aberta contra a
desposesión eran cousa de Medio Oriente, África ou Latinoamérica. A resistencia antiimperialista politicamente
predominante nestas zonas adoptou unha forma de resistencia nacional soberanista que solapa a continua loita de
clases. Esta compoñente nacionalista
antiimperialista constátase en
Cuba, Siria, Venezuela ou Irán, por poñer
exemplos moi distintos e distantes pero unidos pola súa condición de
tanques de primeira liña que acaparan as maiores doses de intervencionismo e
odio mediático imperial, porque alí non teñen acollida os dictados do FMI, da
UE ou da OTAN.
Aquí e agora en
Europa os capitalistas pretenden que a depreciación dos capitais inherente ás
fases recesivas, por exemplo dos
activos inmobiliarios, ou depreciación por simple redución da taxa
de ganancia sean soportadas ou compensadas polas capas populares. O instrumental é variado: recortes sociais en
sanidade, educación ou dependencia,
fiscalidade regresiva coa suba do IVE para os de abaixo e regalos ou paraísos fiscais para ós poderosos; pero sobre todo o atraco da
débeda soberana cunha sangría de intereses espoliadora.
Para esta faena en
España o poder financeiro conta cos seus esbirros políticos de ámbito estatal
(PP, PSOE ou UpyD) e conta tamén con
partidos nacionalistas social e descaradamente afíns como CiU ou PNV. Hai
outros nacionalistas máis ambiguos, como poden ser ERC en Cataluña ou o BNG en
Galicia na súa época do goberno bipartito 2005-2009.
A clase obreira
mundial en toda a súa diversidade está
sendo vítima dun saqueo por parte dos poderes financeiros multinacionais.
Loxicamente estas
agresións xeran resistencia. Hai moitos anos que non se vía en España unha
mobilización social tan xeralizada e persistente. Esta loita social está producindo un enorme
desgaste nos partidos sostedores do bipartitismo imperfecto que xestionou nos
derradeiros trinta anos o sistema que agora entrou en barrena.
Para desarmar a
resistencia, o poder imperialista recorta canto pode as vías de intervención
democrática, de irrupción do poder popular.
De aí a lexislación electoral española, de aí o deseño da UE trazado as costas
do pobo, de aí o golpe de estado
constitucional perpetrado polo PP e PSOE
no verán de 2011 e diversas coalicións
sistémicas ensaiadas en Italia ou Grecia.
O poder financeiro
teima con poñer de xeonllos a estes
estados, sexa mediante a débeda soberana, sexa co entramado da UE, algo similar ó ALCA
americano - rexeitado polos países do eixo bolivariano - sexa co golpe constitucional español. Si pese
a esta batería de medidas, algún estado descarrila das pretensións imperiais, entrariamos noutra
fase de agresión que pode ir dende o
bloqueo económico ata a agresión militar directa coma en Cuba ou Siria.
No camiño de construción
da alternativa de clase fronte ó capital o tema nacionalista debe ser ben
tratado, para que actúe como un elemento potencialmente positivo.
Interactúan a día de
hoxe en España tres nacionalismos que describiremos sinteticamente.
Nacionalismo español
Por un lado temos o
tradicional nacionalismo español, fortemente asentado logo de cincocentos anos
da unificación fernando-isabelina. Houbo episodios de ruptura e secesión, pero
nos dous séculos derradeiros o estado español foi o marco territorial das
grandes loitas da clase obreira, loitas nas que
os núcleos cataláns e vascos, xunto coas cidades máis industrializadas
de España foron barricadas de primeiro orde.
A coordinación das loitas actuais contra os ditados da troika e recortes
sociais está funcionando principalmente nese marco, sen excluír coordinacións
doutro nivel autonómico ou municipal. Ocorre así por canto os núcleos das
decisións agresivas atópanse no aparello central do estado español. Os líderes neoliberais acostuman a disculpárense co mandato da UE, pero a verdade é que, con vontade política, a soberanía dos actuais estados é ampla e a
presión popular decide.
O problema é que a
soberanía do estado español, limitada dende sempre polos intereses das clases
dominantes, está postrada ante o poder financeiro multinacional imperialista
defendido por EEUU, a UE e a OTAN. Por iso o patrioterismo españoleiro do
franquismo e dos seus herdeiros constitúe
unha grande tomadura de pelo ó pobo español.
Nacionalismo europeo
Existe tamén un certo
nacionalismo europeísta construído por impulso e para maior gloria dos
intereses capitalistas multinacionais que oprimen descaradamente ós pobos da
UE. Tense dado intentos sindicais de confluencia europea das loitas obreiras e
dalgunha formación política coma o EL[1]
(Partido da Esquerda Europea),
cuestionadoras do neoliberalismo e das políticas de austeridade, pero que non
pasaron do simbólico, xa que varias circunstancias, como importantes diferenzas
de estratexia política e o propio deseño antidemocrático da UE, impiden que
este sea un marco adecuado para coordinar loitas políticas masivas a ese nivel.
O nacionalismo
europeísta, dende a perspectiva obreira parece máis unha boutade que
unha necesidade estratéxica. Como ben resume o Roto nun cadro recente ó
sentimento que máis une actualmente ós europeos é o euroescepticismo.
Sin descartar futuras
e posibles accións de coordinación de loita a nivel europeo, a clase obreira
sabe que o poder real de decisión está nos gobernos dos estados actuais e cara
alí dirixe os seus escraches.
Concordando en que a
UE funciona como a gran escusa dos políticos mercenarios neoliberais, sendo pois unha estrutura inimiga das clases
populares, o debate na esquerda anticapitalista, está situado actualmente en
sopesar as vantaxes e inconvenientes da continuidade ou saída unilateral da UE
por parte de cada país, así como as condicións e o momento máis adecuado para
cada opción.
Nacionalismos
periféricos
Ó longo do s. XIX[2]
fóronse desenvolvendo os nacionalismos periféricos catalán, vasco ou galego,
entre outros, auspiciados polas pequenas burguesías respectivas na procura de
colocárense en posición de forza para tratar coa burguesía centralista.
O resultado actual é
o dun estado español sobreposto a nacionalidades e comunidades nas que perviven
culturas, idiomas e sentimentos de
identidade diferenciados. Sentimentos máis ou menos acentuados en función da
diferenciación idiomática e outras condicións históricas e xeográficas.
Sobre esta base
xurdiron os actuais partidos nacionalistas que, cunha especial
implantación en Euskadi, Cataluña ou Galicia, priorizaron o debate sobre o tema
soberanista.
Os posicionamentos
respecto dos diferentes nacionalismos son diversos no seo da esquerda,
constituíndo un elemento de división interna polo que compre consideralo
ben, para a construción da alternativa
anticapitalista.
Os dous nacionalismos
que perviven con puxanza en España son o españolista e os periféricos. Ambos con raíces históricas e sentimentais
fortemente ancoradas.
A posición marxista
sobre o nacionalismo
No Manifesto
Comunista sitúase como obxectivo do proletariado a súa propia emancipación
fronte á burguesía, para exaltarse a sí mesmo como clase nacional nun sentido
contrario ó da burguesía.
Afirma J.Mª Laso[3]
que para Marx e Engels a cuestión nacional non e máis que un problema subalterno
que debe supeditarse ó interese do movemento obreiro, rexeitando ambos autores
a xeneralización absoluta do dereito de autodeterminación, por canto nalgúns
casos podería ser favorable e noutros reaccionario. Sobre esta base
introducirían respecto da cuestión irlandesa o concepto de “nacións oprimidas”
e “nacións dominantes”, considerando que en casos de opresión nacional as
loitas de emancipación da clase obreira e de liberación nacional poden converterse
en solidarias e complementarias.
Entendía Lenin que
o dereito de autodeterminación equivale
unicamente o dereito a independizarse das nacións[4].
Segundo Stalin unha nación en determinadas condicións pode non desear
independizarse, exercendo o dereito de autodeterminación baixo a forma de
autonomía[5].
Para Lenin “a clase
obreira é a que menos pode facer un fetiche do problema nacional, porque o
desenvolvemento do capitalismo non esperta necesariamente a todas as nacións a
unha vida independente”[6]
Dende similares
posicionamentos, xa no século XX, Stalin[7]
concluirá na necesidade de apoiar os nacionalismos antiimperialistas e rexeitar
os nacionalismos que ocasionan división
da clase obreira.
Realidades e
sentimentos
Polo que respecta a
Cataluña, Euskadi ou Galicia, parece difícil admitir a súa caracterización de
colonias ou vítimas dunha relación imperialista co estado español.
Cataluña e Pais Vasco
veñen rexistrando unha renda per capita
superior á media española, polo que poderase falar de "opresión
nacional" no que respecta o tema cultural ou idiomático, pero non así de
opresión económica de tipo imperialista.
Pensemos que cando alguén gana outros perden.
Tampouco a situación
de Galicia, inda cunha renda per cápita inferior á media española ó igual que
outras rexións, cabería cualificala como dunha dependencia colonial ou
imperialista. Os desequilibrios de desenvolvemento explícanse suficientemente e
mellor pola dinámica do sistema capitalista e a opresión centralista.
Ten sentido ligar os
sentimentos nacionalistas e de clase en situacións de agresión imperialista
como en Cuba, Venezuela ou Siria, pero constitúe un puro idealismo sen
base material suficiente intentar aplicar o mesmo esquema ás nacións ibéricas
respecto do estado español.
O movemento pequeno
nacionalista en España, non disgusta ó poder financeiro multinacional. Polo
contrario axuda a debilitar o estado español que perciben como un aparato de
dominación excesivamente custoso pola inflación do gasto dirixo á lexitimación
do sistema, os servizos sociais que prefiren privatizados (policía, exército,
sanidade, educación, dependencia, pensións, prisións).
Agrada a sectores da
burguesía local e da aristocracia obreira que, replicando no ámbito
nacionalista o seu espíritu pequeno empresarial, aspira a interlocucionar co
poder imperial directamente, sen a intermediación da burguesía española. Poñen
como modelos determinados paraísos fiscais, pero non lles importa que sean
responsables do expolio dos pobos polas burguesías evasoras. Apoiaron a secesión de Kosovo, sin
importarlles que pasara a ser unha base da OTAN onde campa a mafia e o
proxenetismo.
Si coa independencia
dalgunha das nacións periféricas se derrubase, por exemplo, o actual sistema de
pensións na España restante e na pequena nación que se independiza, ¿qué lle
importa a estes burquesiños que poden pagar un sistema privado?.
Temos, pois, unha
realidade obxectiva e temos por outra parte as percepcións subxectivas e os
sentimentos. Sentimentos que son en grande parte procesos aprendidos, froitos
de base material real ou imaxinada; de clase propia ou de inseminación
allea.
Grande parte do pobo
español creceu e foi alimentado con sentimentos de pertenza comúns, pero tamén
moitos traballadores das pequenas nacións
e rexións españolas sustentan sentimentos de pertenza ó seu pequeno
país.
Conclusión
O dereito de
autodeterminación, o dereito a decidir, non se vota, exércese. Cada nación das que compoñen o estado español
decidirá sobre a súa independencia cando lle pareza, merecendo o respecto
xeral. Mentres tanto, todo o debate
soberanista, co dereito a decidir como capa, estalle servindo ás burguesías
española e das pequenas nacións para torear á clase obreira do seu obxectivo
prioritario: a liberación de clase.
Nesta batalla de ideas a esquerda marxista debe lucir cun perfil propio,
desmarcándose claramente do xogo independentista e do referendismo fraccionador da clase por carencia dun consenso
nacional independentista previo e suficiente.
Afrontar a loita
obreira popular contra o saqueo financeiro, contra os recortes socias, construíndo
un poder alternativo da clase obreira, esixe todas as enerxías da esquerda.
Sobre esta base interesa a converxencia coas organizacións nacionalistas
diversas que asuman o anticapitalismo.
Ningún proceso
constituinte para unha alternativa socialista de loita e de goberno se pode
articular enfrontando á clase obreira con discordias burguesas, tirando pola
borda os logros conquistados coa loita obreira e popular común, os sistemas públicos de pensións,
sanidade, educación ou dependencia.
A mellor estrutura
estatal capaz de compaxinar as diversas identidades é un estado federal
multinacional, republicano e socialista anticapitalista, no que se respecten os
sentimentos culturais e nacionais, sexan de pequena ou grande nación, cunha
estrutura de competencias claras e blindadas.
O gran problema para
a clase obreira é dotarse dunha opción política capaz de dar unha saída anticapitalista a actual situación, porque a
mobilización social sen alternativa política ten un recorrido curto.
A día de hoxe a estrutura mellor posicionada a nivel de estado para
actuar como aglutinante de dita alternativa é IU, con todas as eivas, insuficiencias
e contradicións que a conforman, sempre que se desmarque claramente do
soberanismo pro independentista.
Con tódolos respectos
é moi importante non confundir. O principal sentimento e identidade que debemos
cultivar os marxistas é o interese de clase, auténtica patria grande da clase
obreira, dende os tempos do manifesto
ata o horizonte comunista que a razón añora.
* Román Alonso Santos. Coordinador comarcal de
Esquerda Unida en Vigo.
[1] http://www.european-left.org/
[2] http://www.historiasiglo20.org/HE/11a-3.htm
[3] J.Mª Laso. Op. Cit.
[4] Lenin (1914). El derecho de las naciones a
la autodeterminación. http://www.marxists.org/
[5] Stalin (1925).Discurso en la Comisión
Yugoslava de Comité Ejecutivo de la Internacional Comunista. Citado por J. Mª
Laso (1999) . El derecho a la autodeterminación. UTOPIAS, nº 181-182.
[6] Lenin . Op cit. En J.Mª Laso.
[7] Stalin (1913). El marxismo y la cuestión
nacional. http://www.marxists.org/
jueves, 2 de mayo de 2013
martes, 30 de abril de 2013
Corea Democrática rechaza dialogar bajo presión
Corea Democrática rechaza dialogar bajo presión (máis...)
jueves, 21 de marzo de 2013
lunes, 18 de marzo de 2013
jueves, 14 de marzo de 2013
domingo, 3 de marzo de 2013
jueves, 7 de febrero de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
