vc


Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si continúas utilizando este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.

lunes, 26 de septiembre de 2022

jueves, 22 de septiembre de 2022

YOLANDA DÍAZ SUMA EN CANGAS

 Por Román Alonso

21-09-22

O vindeiro 30-09-22 terá lugar en Cangas un acto de homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela. Como no cartaz anunciador non se explica quen organiza o acto, caben elucubracións ao respecto para os que temos noticia dende fora.

Postos a elucubrar, non podo evitar unha contextualización histórica en base a datos da miña memoria persoal, servido de internet para axustar algunhas datas.

Coñecín a Pazos a mediados de 1990 nun mitin de Esquerda Unida en Vigo no que interviu ao lado Anxo Guerreiro e Anguita, dando mostras de boa cualidade oratoria.

Ó pouco tempo, nas autonómicas de 1997 Esquerda Unida - Esquerda Galega, con Anxo Guerreiro de coordinador, fixo coalición co PSOE baixo o liderato de Abel Caballero e actuando de muñidor Suso Díaz, secretario nacional de CCOO1. Guerreiro fora secretario do PCG desde 1985 ata 1995, substituido por Manolo Peña-Rey. Costas mantívose como responsable de organización do PCG ata 1997, liberado polo PCE ou por IU. Guerreiro e Costas foron os máximos responsables, entre outros, da hibernación do PCG paralela á do PSUC é ó xurdimento da "nueva izquierda" española con Cristina Almeida como lideresa máis significada.

Aquela coalición co PSOE provocou un indignado alzamento dende as bases, impulsado principalmente dende a comarca de Vigo, que culminou coa ruptura de EU-EG e a presentación de candidatura propia como IU-EU co apoio da dirección do PCE e IU federal baixo o liderato de Anguita2. Para coordinar a nivel de Galicia a candidatura de EU-IU establecérase en Santiago unha oficina na que unha moza de 26 anos advogada atendía o teléfono e transmitía convocatorias. Era Yolanda Díaz, filla de Suso Díaz, secretario nacional de CCOO.

Guerreiro pola Coruña e Pazos Varela por Pontevedra acadaron acta de deputados autonómicos, pero a coalición resultou un fracaso estrepitoso para o PSOE.

O desconcerto creado foi aproveitado polo sector máis leninista do PCG para ir sacando ao Partido do conxelador, con dificultades e contradiccións.

Para as autonómícas de 2001, co PSOE escaldado, Anxo Guerreiro e Pazos Varela impulsaron a candidatura de EdeG que, pese ao forte apoio mediático, non obtivo máis que 5.000 votos en Galicia fronte aos 10.000 dunha EU-IU ninguneada. Guerreiro dimitiu e EdeG desapareceu.

En 2007 Pazos Varela conformou con Abalo ACE en Cangas. Nas municipais de 2015 acadou a alcaldía coa mesma coalición electoral. Nas mesmas municipais de 2007 Euloxio Santos entraba de concelleiro por INMO en Moaña34.

Para caracterizar o "geluquismo" podemos destacar os seguintes elementos. Que constitúe o correlato da "nueva izquierda" española5. A consideración de que o marxismo - leninismo non é viable como alternativa politica, entendida a "alternativa" como postos de representación institucional no aparato do estado. A consideración de que á sombra do PSOE como unha esquerda "influinte e esixente" (llamazarismo) hai un espazo, pero que a ruptura co PSOE ten como límite impedir a victoria do PP.

O geluquismo tivo naqueles anos, e inda perdura, unha importante presencia e influencia en CCOO, servindo de cobertura ideolóxica para amplos sectores deste sindicato.

O geluquismo, inda que sen partido, mantívose pulando durante anos como un "espíritu" sempre a espreita para retornar a EU e PCG. Nos primeiros anos isto era impedido pola tensión xerada no proceso de ruptura, pero derradeiramente sí que houbo algúns retornos, inda que xa nin EU nin o PCG son agora o que eran.

Nesta foto da Voz de Galicia6 aparecen, de esquerda a dereita, Euloxio Santos, José Manuel Pazos, Anxo Guerreiro, Isabel Mouriño, Daniel Costas, presentando en Vigo a candidatura de EdeG para as autonómicas galegas de 2001, confrontando coa candidatura de Esquerda Unida.

Facendo agora unha intromisión connotativa no acto que se anuncia, evidénciase que Xosé Manuel Pazos constitúe o centro temático con todas as indudables cualidades que o adornaron. Hónrase tamén a un político que, sendo concellal de EU-EG desde 1995 en Cangas superpúxose ás estruturas partidarias e deixouse querer nas listas do PSOE para unha candidatura autonómica. Que anos despois impuxo á dirección nacional de EU o pacto coa FPG para as municipais de 2007 en Cangas, mentres EU impedía simultáneamente unha operación similar en Vigo baixo a coalición "CIES".

Na orde das intervencións vemos de teloneiros, aparte de profesionais da arte e comunicación, a veteranos cadros do geluquismo seguidos da coordinadora local de EU, Aurora Prieto e Abel Caballero.

Como artista principal pechará o acto Yolanda Díaz, ministra e lideresa do proxecto político  "SUMAR".

Fose quen fose o promotor deste evento, non cabe dúbida que a capitalización política da figura de Pazos e do seu estilo marxinador dos partidos políticos estruturados en aras de proxectos de perfil personalista, venlle como anel ó dedo ao proxecto de "SUMAR", polo de agora en fase de escoita.

Así como na tradición monárquica as honras fúnebres á reina morta sirven de paso para enaltecer a figura do rei posto, neste caso será Yolanda Díaz quen absorba o liderato do espíritu gueluquista que Pazos representaba.

REFERENCIAS

1Este dato foime aportado por un camarada de confianza.

2https://elpais.com/diario/1997/05/23/espana/864338411_850215.html

3https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2007/03/31/euloxio-leites-candido-miranda-estela-pazos-xan-cancelas-encabezan-candidatura-inmo/0003_5680265.htm

4https://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2021/08/14/galicia-asalta-ministerio-empleo-mano-yolanda-diaz/00031628940547981203581.htm

5Unha interesante síntese do concepto podemos vela en wikipediahttps://es.wikipedia.org/wiki/Nueva_Izquierda_(concepto)

6https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2001/09/18/edeg-pone-condiciones-posible-pacto-beiras-tourino/0003_747077.htm