vc
Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si continúas utilizando este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.
viernes, 29 de noviembre de 2013
martes, 19 de noviembre de 2013
CARMEN IGLESIAS NA CARROZA MEDIÁTICA
Por
Román Alonso Santos*
Afirma
Inma López Silva na súa columna da Voz de Galicia do pasado día
15, respecto de Carmen Iglesias Sueiro, que nunha
multitude idiotizada – refírse a AGE- sempre hai un neno
clarividente – refírse a Carmen - disposto a demostrar que o
rei vai espido”.
Inma
non debía estar moi segura do que dicía, porque advírtenos
previamente que ela é escritora e non parlamentaria.
Por
miña parte, sin ser escritor, véxome animado a redactar algo de
sentido diferente.
Empezarei
contextualizando que Inma súbese a carroza florida na que certos
medios auparon á política ourensana - da que segundo Inma ¡ninguén
fala! - acompañándoa con certas coplas. Nunha estrofa argumental
preséntase a Carmen como unha vítima dun perverso sistema no que
os partidos políticos – todos sen distinción- funcionan coma unha
especie maquinarias inhumanas que asoballan dereitos persoais, sempre
magnánimos.
Non
se aclara que Carmen
é unha simple tránsfuga
que se desvincula da disciplina da formación política, Esquerda
Unida, gracias á cal se colocou de número dous na candidatura por
Ourense. Que o fai por motivos tan pouco desinteresados como aumentar
os seus ingresos cunha boa paga de deputada ou darlle pábulo ó seu
ego.
Na
seguinte copla insinúase que AGE presentouse coma unha especie de
alternativa antisistémica e agora demostraríase que non é máis
que un partido máis, estariamos ante “una
pérdida brutal de la inocencia del llamado frente antisistema”.
Que polo tanto debe pedir perdón por ter acusado ós demáis de
certas perversidades inespecificadas.
Especifiquemos
nós que AGE presentouse nas eleccións non como anti-partido, senon
como anti- sistema capitalista, porque sabemos, coma todos os que
saben do asunto, que a crise que padecemos, coas secuelas de paro e
mortes anticipadas, non é duns politicos corruptos, inda que tamén,
senon do propio sistema capitalista inicuo en sí mesmo.
A
diferencia de AGE respecto dos demáis partidos do arco é a
priorización dos intereses da clase obreira de do pobo en xeral
fronte ás privatizacións, recortes sociais e caciquismo. Nese
camiño está o léxítimo acordo unitario de coalición, que toda
militante cabal debe aceptar disciplinadamente.
Nunha
terceira estrofa considérase un caso de corrupción imperdonable que
o deputado ourensán Fernández Calviño se desprazara a traballar a
Dinamarca, mantendo a acta de deputado e perdendo lóxicamente gran
parte dos seus honorarios, inda que provisionalmente, mentras se
intentaba que Carmen desistira da súa teima.
A
veces critícase que moitos politicos o sean profesionalmente, coma
unha especie de desertores do traballo normal, e agora que un
deputado pode simultanear traballo e parlamento, temos un rasgamento
de vestimentas: que si defrauda ó electorado, din os que non o
votaron, como se os votantes de AGE preferiran no parlamento a unha
tránsfuga; que si debe patear a provincia, como si as estructuras de
AGE non o fixeran, coma si non existira internet.
Aproveitando
que a carroza pasa cerca da sua casa, o BNG reclama a acta de
concellal de Calviño, equiparando o transfuguismo cunha excisión
partidaria e o PP intenta xustificar a súa reducción dos membros do
parlamento.
Non
sei si con estas notas de réplica queda máis claro quén está
espido, espida ou radiografiada nesta historia, si Carmen, si AGE ou certo
periodismo. Pode que Carmen sexa a máis lista da coalición, pero
con xente únicamente lista non se constrúe unha sociedade máis
agradable. Listos tamén son os banqueiros que saquean ó pobo coa
colaboaración imprescindible dos partidos do sistema e xa vemos por
onde nos levan. Para cambiar o mundo precisamos xente boa, xenerosa,
solidaria e fiable.
*
Román Alonso, ex-coordinador comarcal de Esquerda Unida en Vigo.
domingo, 17 de noviembre de 2013
El dilema imposible de la socialdemocracia europea
La tradición socialdemócrata suele defender, una vez abandonado el
objetivo del socialismo, que es posible vivir bajo un capitalismo de
rostro humano. (máis...
)
)
jueves, 14 de noviembre de 2013
Maduro cumple: golpea a la burguesía vendepatria
¿Se ha vuelto loco el presidente de Venezuela Nicolás Maduro al ordenar la drástica rebaja de los precios de infinidad de productos, intervenir cadenas de tiendas, detener gerentes especuladores y asignar a la guardia popular la misión de cuidar el orden de esta operación? (máis...)
sábado, 9 de noviembre de 2013
CARMEN IGLESIAS SUEIRO, TRÁSFUGA INTERRUPTA
Por Román Alonso
A negociación para a
constitución de AGE fíxose contra reloxio en setembro de 2012. Un
pacto destas características entre EU e ANOVA requiría un tempo,
porque nas organizacións democráticas compre explicarse ben
internamente, non can os acordos coma a chuvia. Para que unha
proposta prospere no Consello Político Nacional de EU, compre
convencer; en ANOVA que inda non tiña vai un ano as súas
estructuras organizativas tan estructuradas, máis do mesmo. Un dos
motivos do PP para adiantar as eleccións foi impedir que o pacto de
AGE puidera levarse a cabo.
Nos estatutos de EU
esíxese ademáis un referendum interno que se realizou a toda presa,
porque os prazos legais para presentar a candidatura ante a xunta
electoral eran perentorios.
Toda a militancia de EU
sabiamos, cando votamos que na confección das listas intentábase un
equilibrio ó 50% entre EU e ANOVA. Logo os resultados electorais
reais alteraron lixeiramente este equilibrio. Carmen Iglesias sabíao
cando votou a candidatura.
Os estatutos de Esquerda
Unida establecen que os cargos públicos pertencen á organización e
non as persoas particulares que os desempeñan. Entre os deberes de
calquera afiliada-o indícase o de manter permanentemente calquera
cargo público ou responsabilidade orgánica a disposición do órgano
polo que foi elexida. Os candidatos e candidatas de EU foron
aprobados-as polo Consello Político Nacional, o mesmo que agora lle
pedíu que cedera o posto.
Carmen Iglesias sabíao
cando aceptou ir de candidata por EU.
Desentenderse dos seus
deberes en relación coa organización política que lle facilitou o
acceso a unha cargo público chámase transfuguismo.
EU e AGE, de común
acordo, deben intentar impedir que se consume este descolgue dunha
candidata respecto dos seus compromisos persoais e políticos. A
lexislación electoral vixente e a normativa do parlamento galego,
elaboradas polo PP, permiten e non impiden que un deputado teña a
súa residencia fora de Galicia, que compatibilice o seu traballo coa
súa laboura parlamentaria.
Polo tanto é moi
probable que poida interrumpirse un delito político de
transfuguismo, bocinado e bendecido a todo watio por certas
industrias da información e políticos oportunistas que babean
inquina e mexan auga bendita de preocupación pola merma de adicación
de David ó desempeño como deputado.
Así pois, sentimos moito
que non se cumplan os seus desexos destructivos sobre AGE, poden
vostedes berrar, patexar e coucear, pero en EU e AGE non mandades,
porque a nosa vida é nosa e da xente que nos deu a súa confianza.
Dito isto, envíolle un
sinceiro saúdo a Carmen Iglesias e a miña solidariedade no persoal,
xa que no político errou, porque malos dias témolos calquera.
Galicia, 10-11-2013
viernes, 8 de noviembre de 2013
"CCOO no ha cometido ninguna ilegalidad ni hay indicios de enriquecimiento personal de ningún responsable sindical"
El sindicato presenta las conclusiones de la Comisión de Investigación interna sobre los ERE fraudulentos en Andalucía (máis...)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)