Por Román Alonso
A negociación para a
constitución de AGE fíxose contra reloxio en setembro de 2012. Un
pacto destas características entre EU e ANOVA requiría un tempo,
porque nas organizacións democráticas compre explicarse ben
internamente, non can os acordos coma a chuvia. Para que unha
proposta prospere no Consello Político Nacional de EU, compre
convencer; en ANOVA que inda non tiña vai un ano as súas
estructuras organizativas tan estructuradas, máis do mesmo. Un dos
motivos do PP para adiantar as eleccións foi impedir que o pacto de
AGE puidera levarse a cabo.
Nos estatutos de EU
esíxese ademáis un referendum interno que se realizou a toda presa,
porque os prazos legais para presentar a candidatura ante a xunta
electoral eran perentorios.
Toda a militancia de EU
sabiamos, cando votamos que na confección das listas intentábase un
equilibrio ó 50% entre EU e ANOVA. Logo os resultados electorais
reais alteraron lixeiramente este equilibrio. Carmen Iglesias sabíao
cando votou a candidatura.
Os estatutos de Esquerda
Unida establecen que os cargos públicos pertencen á organización e
non as persoas particulares que os desempeñan. Entre os deberes de
calquera afiliada-o indícase o de manter permanentemente calquera
cargo público ou responsabilidade orgánica a disposición do órgano
polo que foi elexida. Os candidatos e candidatas de EU foron
aprobados-as polo Consello Político Nacional, o mesmo que agora lle
pedíu que cedera o posto.
Carmen Iglesias sabíao
cando aceptou ir de candidata por EU.
Desentenderse dos seus
deberes en relación coa organización política que lle facilitou o
acceso a unha cargo público chámase transfuguismo.
EU e AGE, de común
acordo, deben intentar impedir que se consume este descolgue dunha
candidata respecto dos seus compromisos persoais e políticos. A
lexislación electoral vixente e a normativa do parlamento galego,
elaboradas polo PP, permiten e non impiden que un deputado teña a
súa residencia fora de Galicia, que compatibilice o seu traballo coa
súa laboura parlamentaria.
Polo tanto é moi
probable que poida interrumpirse un delito político de
transfuguismo, bocinado e bendecido a todo watio por certas
industrias da información e políticos oportunistas que babean
inquina e mexan auga bendita de preocupación pola merma de adicación
de David ó desempeño como deputado.
Así pois, sentimos moito
que non se cumplan os seus desexos destructivos sobre AGE, poden
vostedes berrar, patexar e coucear, pero en EU e AGE non mandades,
porque a nosa vida é nosa e da xente que nos deu a súa confianza.
Dito isto, envíolle un
sinceiro saúdo a Carmen Iglesias e a miña solidariedade no persoal,
xa que no político errou, porque malos dias témolos calquera.
Galicia, 10-11-2013