O referendum en ANOVA deste domingo pasado xerou expectación no conxunto da xente informada políticamente de Galicia e de toda España.
Dilucidábase a posibilidade tamén na nosa terra dunha coalición electoral para as eleccións europeas do maio vindeiro na que confluiran formacións políticas de raigame nacionalista como ANOVA, xunto con outras de impronta federalista como IU, cada unha delas cunha notoria diversidade interna.
O principal elemento de unión situábase na necesidade de configurar unha alternativa potente contra as políticas capitalistas, hoxe imperialistas e neoliberais, defendidas polo PPSOE, UpyD e nacionalistas afins.
Para IU a decisión é máis fácil xa que a batalla anticapitalista que non entende de fronteiras é a súa razón de ser.
A decisión prevíase máis complicada para os nosos nacionalistas, por canto no seu ideario está a negación da necesidade do estado español e polo tanto das organizacións políticas dese ámbito.
Esta negación constitutiva precisa unha traducción na práctica que algúns interpretan no senso de negar idealmente ós partidos de ámbito estatal. Pero a realidade socio económica non entende de idearios. ¿Cómo explicarlle os galegos e galegas na lista do INEM que organizacións políticas que din loitar para superar esta situación e ademáis coinciden globalmente no diagnóstico das causas e das vías de solución, non son capaces de articular unha opción electoral unitaria?
Si se opta por priorizar a loita socioeconómica, digamos loita de clases, explícase que un sector de ANOVA, maioritario inda que por mínimos, optase pola coalición con IU, sen por iso renunciar nen aprazar as súas reivindicacións nacionalístas.
Na medida en que por ANOVA se perciba que a coalición con IU non a debilita como nacionalista, tal vez as iniciais reticencias dalgúns sectores tendan a atemperarse.
En primeiro lugar compre salientar que unha coalición electoral é algo moi distinto dunha fusión de partidos. Digo isto, porque a frase de Chelo Martínez – caso de ter falado realmente así - de que persoalmente “non se ve nunha organización federal”, da a entender que nalgunha medida confúndense os términos.
Digamos para rematar que este paso de ANOVA constitúe un fito histórico no camiño de articular unha alternativa capaz de aportar ilusión a clase obreira e sectores populares castigados polo sistema.