Triste papel o destes dirixentes de CCOO. Propóñense actuar de bombeiros para apagar o fogo da "confrontación social". Cando o que fai falta é que as agresións do capital, obteñan a correspondente resposta na rúa en forma de masivas mobilizacións pacíficas, que axuden a crear a necesaria conciencia entre a xente, para posibilitar un novo goberno alternativo ós do PPSOE e nacionalistas afìns, veñen estes burócratas sindicais a colaborar co goberno de Rajoy e coa patronal para desactivar a mobilización en marcha. En vez de apoiar as marchas do 22M, e prevendo o éxito masivo que resultaron, cúbrenlle as costas a Rajoy escenificando unha reunión valeira de contido. (Ver nota de CCOO)