23 ene. 2020 22:16 |
Vixente
o prolongado bloqueo sobre os recursos da nación e a vida diaria de
Venezuela, e mentres o Parlamento Europeo prepara un novo veto hipócrita
contra o presidente Maduro, a prensa dos Estado Unidos cualifica de
fracaso moral e político a chantaxe utilizada por Trump en todas as
frontes do departamento de Estado dos Estado Unidos e particularmente no
seu asañamento contra o goberno de Caracas e o pobo da República
Bolivariana de Venezuela.
Fracaso das criminais guarimbas mercenarias
que buscaban derrocar por asalto o sistema democrático instaurado por
Hugo Chávez e revalidado nas urnas por Nicolás Maduro; fracaso da
ofensiva militar contra a fronteira de Cúcuta, disfrazada de comando
benéfico; fracaso do golpe de Estado de 21 de xaneiro de 2019, que
acabou cos seus promotores en fuga mentres o departamento de Estado en
Washington cantaba vitoria antes de tempo.
Completo
chasco do intento de cambiar ao presidente elixido por un aventureiro
da extrema dereita, nunca referendado polas urnas, que na volta de
defender durante 360 dias a sabotaxe e o roubo dos bens do Estado de
parte do goberno dos Estados Unidos contra o seu propio país, non deu
conseguido máis que o desprezo do pobo de Venezuela e nin sequera os
votos necesarios dos seus presuntos correlixionarios da dereita para
presidir a Asemblea. Guaidó ten o voto de Trump e a amizade da banda
dos Rastrojos, narcotraficantes que sentencian os seus
competidores ao forno crematorio; os avais do presidente espantallo, non
ignoran que fixo desaparecer cantidades maiores dos fondos asignados ao
seu criminal empeño, procedentes do patrimonio do Estado de Venezuela
saqueados polo goberno de Washington.
Namentres,
o Parlamento Europeo aprobou día 20 unha resolución de apoio ao
mercenario Guaidó na súa reivindicación da presidencia da Asemblea
Nacional de Venezuela o que dá ocasión para Josep Borrell, responsábel
da diplomacia da UE, defender sancións individualizadas contra Venezuela. Borrell dí que está preocupado pola situación humanitaria de Venezuela, sen citar ao causante do crime.
Dende a Asociación de Amizade Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) reclamamos
das forzas políticas representadas no Parlamento Europeo e do goberno
do Estado, un trato digno para o Goberno Democrático de Venezuela e a
demanda de procesar ao pretendente Juan Guaidó, financiado polo goberno
dos Estados Unidos e reo de latrocinio e crimes contra o Pobo de
Venezuela.
Respecto para Venezuela!
Viva Maduro!
Viva Chávez!
Viva a Revolución Bolivariana!