Modelo
de MOCIÓN de apoio aos estibadores e contra a liberalización do
sector facilitado polo PCG da comarca de Vigo a diversos grupos
municipais de Esquerda Unida e Mareas da comarca de Vigo, por si
tiñan a ben presentala nos respectivos concellos.
CONTRA A LIBERALIZACIÓN DO SECTOR DA ESTIBA
D./Dña.________________ Portavoz do Grupo Municipal de _________________ no Concello de _______________, en nome e representación do mesmo, e ao amparo do establecido na normativa aplicable, eleva ao Pleno da Corporación para o seu debate a seguinte
MOCIÓN
En 2010
levouse a cabo a reforma da Lei de Réxime Económico e de Prestación
de Servizos dos Portos de lnterese Xeral do Estado cun amplo apoio
parlamentario, sobre a cal, a sentenza do Tribunal de Xustiza da
Unión Europea do pasado 11 de decembro de 2014 obriga a España a
levar a cabo determinadas modificacións legais e convencionais,
provocando así a incerteza nas empresas portuarias e nas/os
traballadoras/es do sector. A favor da solución do conflito xerado,
nos últimos tres anos realizáronse numerosos encontros entre o
Ministerio de Fomento ou Portos do Estado, a patronal do sector
(ANESCO) e os sindicatos maioritarios da estiba.
Agora
o Goberno do Estado pretende ,coa aprobación dun Real Decreto, levar
a cabo unha reforma no sector da estiba que supoñerá un
despedimento xeneralizado e a precarización do traballo a través de
ETT, nunha iniciativa que só persegue aumentar as ganancias das
empresas multinacionais baixo a escusa da obrigación de ter que
cumprir cunha sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo.
Dita sentenza nada ten que ver coas pretensións reais do Goberno, incluso os propios traballadores puxeron sobre a mesa unha proposta que cumpre co dictado polo tribunal pero sen poñer en risco os postos de traballo e sen levar a precariedad ao sector.
É
necesario recordar que a financeira JP Morgan leva anos presionando
ao Goberno para liberalizar o sector da estiba en España. Dita
entidade financeira, a través da súa división Asset Management
Infraestructure lnvestment Group, controla Noatum, o principal
operador portuario de Europa cunha posición de liderado nos portos
españois.
Con
este decreto, o Goberno pretende facer de España o epicentro de
servizos portuarios low cost europeos, onde as pequenas e medianas
empresas estibadoras estarán condenadas xa que só haberá espazo
para as máis grandes.
Por
outra banda, desde boa parte dos medios de comunicación púxose en
marcha unha campaña, tamén ao servizo tamén dos intereses das
entidades financeiras e a patronal, demonizando aos estibadores
mediante un gran número de falacias, manipulacións e afirmacións
destinadas a intoxicar á opinión pública e poñela de parte do
Goberno e da súa reforma.
Ante todo isto, o Concello de ______________ adopta os seguintes
ACORDOS
1.- O Concello de _____________ manifesta a súa total oposición á liberalización do sector da estiba por considerar que esta está feita a medida dos intereses das multinacionais.
2.- Declaramos que a reforma pretendida polo goberno só traducirase en máis precaridad, máis inseguridade laboral e máis ganancias para as multinacionais.
3.- Condenamos a campaña de criminalización desatada contra os traballadores e traballadoras da estiba por parte do Goberno e dos seus medios de comunicación afines.

4.-
O Concello de ______________ defende que o acceso aos postos de
traballo fágase con criterios obxectivos e baremados, nun proceso
transparente e debidamente publicitado; pero que en todo caso
calquera modificación que puidese producirse no sector da estiba
neste sentido, debería procurarse por acordo negociado entre as
partes.
5.- Dar traslado ao Goberno de España, ao Congreso dos Deputados, ao Ministerio de Fomento e ás organizacións sindicais con representación no sector da estiba, así como aos medios de comunicac
5.- Dar traslado ao Goberno de España, ao Congreso dos Deputados, ao Ministerio de Fomento e ás organizacións sindicais con representación no sector da estiba, así como aos medios de comunicac
En
xx, yy-yy-yyyy