vc


Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si continúas utilizando este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.

sábado, 24 de noviembre de 2012

UNHA IMAXE PODE COMUNICAR MOITO



Por Román Alonso
O máis rechamante non está no cartel, aínda que sen dúbida éo. A principios de novembro, uns militantes da Xuventude Comunista (XC) de Ponteareas elaboraron artesanalmente varios carteis grandes, de 150x90 aproximadamente, e colocáronos na capitalidade deste concello situado a uns 30 km de Vigo.
O cartel que comentamos está colocado na cristaleira dun local que foi sede dunha caixa de aforros e asómase á praza máis céntrica.
O concello de Ponteareas, gobernado polo PP con maioría relativa, ten aprobada de anos atrás unha ordenanza pola que se prohibe pegar carteis fóra dos "espazos comerciais habilitados". Pero na capitalidade hai anuncios variados por todas partes, especialmente nas portas e paredes dos moitos baixos en desuso, intencionalmente comerciais e agora cinsas do fungo inmobiliario e da crise; anuncios tamén en farois e outras superficies de maior impacto visual, onde os propietarios non exercen máis tenaz resistencia. Anúncianse fontaneiros, coidadoras para nenos ou anciáns, cursos de formación múltiples, actos culturais, autónomos da construción, xornaleiros para limpeza de leiras, etc. Anúncianse moito Esquerda Unida, a Xuventude Comunista, entre outros. En época electoral anúncianse todos os partidos. Ata o propio Concello ocasionalmente anuncia actos e coloca bandos en lugares polo prohibidos.
Para lavar a imaxe do pobo e do goberno, periodicamente os empregados do servizo de limpeza raspan todo o papel, reiniciándose aos poucos días a actividade publicitaria.
Entre partidos e grupos positivamente culturais respéctase bastante a caducidade dos anuncios, aínda que, polo xeral duran pouco, ás veces horas.
Resultan especialmente hostís os carteis anunciadores de bingos de fin de semana organizados por algunhas asociacións opioculturales.
O rechamante deste cartel da XC e PCG é que durou uns dez longuísimos días, o que implica a súa lectura reiterada por centos de persoas. A xente de XC e PCG están satisfactoriamente sorprendidos e parécelles un interesante indicio. Tal vez o 37,4 % de paro no Concello e a eclosión electoral de Alternativa Galega de Esquerdas poderían explicar e explicarse algo.