Por Román Alonso
21-09-22
O vindeiro 30-09-22 terá lugar en
Cangas un acto de homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela. Como no
cartaz anunciador non se explica quen organiza o acto, caben
elucubracións ao respecto para os que temos noticia dende fora.
Postos a elucubrar, non podo evitar
unha contextualización histórica en base a datos da miña memoria
persoal, servido de internet para axustar algunhas datas.
Coñecín a Pazos a mediados de 1990
nun mitin de Esquerda Unida en Vigo no que interviu ao lado Anxo
Guerreiro e Anguita, dando mostras de boa cualidade oratoria.
Ó pouco tempo, nas autonómicas de 1997 Esquerda
Unida - Esquerda Galega, con Anxo Guerreiro de coordinador, fixo
coalición co PSOE baixo o liderato de Abel Caballero e actuando de
muñidor Suso Díaz, secretario nacional de CCOO.
Guerreiro fora secretario do PCG desde 1985 ata 1995, substituido por
Manolo Peña-Rey. Costas mantívose como responsable de organización
do PCG ata 1997, liberado polo PCE ou por IU. Guerreiro e Costas
foron os máximos responsables, entre outros, da hibernación do PCG
paralela á do PSUC é ó xurdimento da "nueva izquierda"
española con Cristina Almeida como lideresa máis significada.
Aquela coalición co PSOE provocou un indignado
alzamento dende as bases, impulsado principalmente dende a comarca
de Vigo, que culminou coa ruptura de EU-EG e a presentación de
candidatura propia como IU-EU co apoio da dirección do PCE e IU
federal baixo o liderato de Anguita.
Para coordinar a nivel de Galicia a candidatura de EU-IU
establecérase en Santiago unha oficina na que unha moza de 26 anos
advogada atendía o teléfono e transmitía convocatorias. Era
Yolanda Díaz, filla de Suso Díaz, secretario nacional de CCOO.
Guerreiro pola Coruña e Pazos Varela por Pontevedra
acadaron acta de deputados autonómicos, pero a coalición resultou
un fracaso estrepitoso para o PSOE.
O desconcerto creado foi
aproveitado polo sector máis leninista do PCG para ir sacando ao
Partido do conxelador, con dificultades e contradiccións.
Para as autonómícas de 2001, co PSOE escaldado,
Anxo Guerreiro e Pazos Varela impulsaron a candidatura de EdeG que,
pese ao forte apoio mediático, non obtivo máis que 5.000 votos en
Galicia fronte aos 10.000 dunha EU-IU ninguneada. Guerreiro dimitiu e
EdeG desapareceu.
En 2007 Pazos Varela
conformou con Abalo ACE en Cangas. Nas municipais de 2015 acadou a
alcaldía coa mesma coalición electoral. Nas mesmas municipais de
2007 Euloxio Santos entraba de concelleiro por INMO en Moaña.
Para caracterizar o
"geluquismo" podemos destacar os seguintes elementos. Que
constitúe o correlato da "nueva izquierda" española.
A consideración de que o marxismo - leninismo non é viable como
alternativa politica, entendida a "alternativa" como postos
de representación institucional no aparato do estado. A
consideración de que á sombra do PSOE como unha esquerda "influinte
e esixente" (llamazarismo) hai un espazo, pero que a ruptura co
PSOE ten como límite impedir a victoria do PP.
O geluquismo tivo
naqueles anos, e inda perdura, unha importante presencia e influencia
en CCOO, servindo de cobertura ideolóxica para amplos sectores deste
sindicato.
O geluquismo, inda que
sen partido, mantívose pulando durante anos como un "espíritu"
sempre a espreita para retornar a EU e PCG. Nos primeiros anos isto
era impedido pola tensión xerada no proceso de ruptura, pero
derradeiramente sí que houbo algúns retornos, inda que xa nin EU
nin o PCG son agora o que eran.
Nesta foto da Voz de Galicia
aparecen, de esquerda a dereita, Euloxio Santos, José Manuel Pazos,
Anxo Guerreiro, Isabel Mouriño, Daniel Costas, presentando en Vigo a
candidatura de EdeG para as autonómicas galegas de 2001,
confrontando coa candidatura de Esquerda Unida.
Facendo agora unha
intromisión connotativa no acto que se anuncia, evidénciase que
Xosé Manuel Pazos constitúe o centro temático con todas as
indudables cualidades que o adornaron. Hónrase tamén a un político
que, sendo concellal de EU-EG desde 1995 en Cangas superpúxose ás
estruturas partidarias e deixouse querer nas listas do PSOE para
unha candidatura autonómica. Que anos despois impuxo á dirección
nacional de EU o pacto coa FPG para as municipais de 2007 en Cangas,
mentres EU impedía simultáneamente unha operación similar en Vigo
baixo a coalición "CIES".
Na orde das intervencións
vemos de teloneiros, aparte de profesionais da arte e comunicación,
a veteranos cadros do geluquismo seguidos da coordinadora local de
EU, Aurora Prieto e Abel Caballero.
Como artista principal
pechará o acto Yolanda Díaz, ministra e lideresa do proxecto
político "SUMAR".
Fose quen fose o promotor
deste evento, non cabe dúbida que a capitalización política da
figura de Pazos e do seu estilo marxinador dos partidos políticos
estruturados en aras de proxectos de perfil personalista, venlle como
anel ó dedo ao proxecto de "SUMAR", polo de agora en fase
de escoita.
Así como na tradición
monárquica as honras fúnebres á reina morta sirven de paso para
enaltecer a figura do rei posto, neste caso será Yolanda Díaz quen
absorba o liderato do espíritu gueluquista que Pazos representaba.
REFERENCIAS