vc


Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si continúas utilizando este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.

viernes, 24 de enero de 2020

COMUNICADO DE AGABO Xustiza para Venezuela e procesamento de Juan Guaidó




23 ene. 2020 22:16
Vixente o prolongado bloqueo sobre os recursos da nación e a vida diaria de Venezuela, e mentres o Parlamento Europeo prepara un novo veto hipócrita contra o presidente Maduro, a prensa dos Estado Unidos cualifica de fracaso moral e político a chantaxe utilizada por Trump en todas as frontes do departamento de Estado dos Estado Unidos e particularmente no seu asañamento contra o goberno de Caracas e o pobo da República Bolivariana de Venezuela.
Fracaso das criminais guarimbas mercenarias que buscaban derrocar por asalto o sistema democrático instaurado por Hugo Chávez e revalidado nas urnas por Nicolás Maduro; fracaso da ofensiva militar contra a fronteira de Cúcuta, disfrazada de comando benéfico; fracaso do golpe de Estado de 21 de xaneiro de 2019, que acabou cos seus promotores en fuga mentres o departamento de Estado en Washington cantaba vitoria antes de tempo.
Completo chasco do intento de cambiar ao presidente elixido por un aventureiro da extrema dereita, nunca referendado polas urnas, que na volta de defender durante 360 dias a sabotaxe e o roubo dos bens do Estado de parte do goberno dos Estados Unidos contra o seu propio país, non deu conseguido máis que o desprezo do pobo de Venezuela e nin sequera os votos necesarios dos seus presuntos correlixionarios da dereita para presidir a Asemblea. Guaidó ten o voto de Trump e a amizade da banda dos Rastrojos, narcotraficantes que sentencian os seus competidores ao forno crematorio; os avais do presidente espantallo, non ignoran que fixo desaparecer cantidades maiores dos fondos asignados ao seu criminal empeño, procedentes do patrimonio do Estado de Venezuela saqueados polo goberno de Washington.
Namentres, o Parlamento Europeo aprobou día 20 unha resolución de apoio ao mercenario Guaidó na súa reivindicación da presidencia da Asemblea Nacional de Venezuela o que dá ocasión para Josep Borrell, responsábel da diplomacia da UE, defender sancións individualizadas contra Venezuela. Borrell dí que está preocupado pola situación humanitaria de Venezuela, sen citar ao causante do crime.
Dende a Asociación de Amizade Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) reclamamos das forzas políticas representadas no Parlamento Europeo e do goberno do Estado, un trato digno para o Goberno Democrático de Venezuela e a demanda de procesar ao pretendente Juan Guaidó, financiado polo goberno dos Estados Unidos e reo de latrocinio e crimes contra o Pobo de Venezuela.
Respecto para Venezuela!
Viva Maduro!
Viva Chávez!
Viva a Revolución Bolivariana!