vc


Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si continúas utilizando este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.

sábado, 9 de noviembre de 2013

CARMEN IGLESIAS SUEIRO, TRÁSFUGA INTERRUPTA


Por Román Alonso
A negociación para a constitución de AGE fíxose contra reloxio en setembro de 2012. Un pacto destas características entre EU e ANOVA requiría un tempo, porque nas organizacións democráticas compre explicarse ben internamente, non can os acordos coma a chuvia. Para que unha proposta prospere no Consello Político Nacional de EU, compre convencer; en ANOVA que inda non tiña vai un ano as súas estructuras organizativas tan estructuradas, máis do mesmo. Un dos motivos do PP para adiantar as eleccións foi impedir que o pacto de AGE puidera levarse a cabo.

Nos estatutos de EU esíxese ademáis un referendum interno que se realizou a toda presa, porque os prazos legais para presentar a candidatura ante a xunta electoral eran perentorios.
Toda a militancia de EU sabiamos, cando votamos que na confección das listas intentábase un equilibrio ó 50% entre EU e ANOVA. Logo os resultados electorais reais alteraron lixeiramente este equilibrio. Carmen Iglesias sabíao cando votou a candidatura.

Os estatutos de Esquerda Unida establecen que os cargos públicos pertencen á organización e non as persoas particulares que os desempeñan. Entre os deberes de calquera afiliada-o indícase o de manter permanentemente calquera cargo público ou responsabilidade orgánica a disposición do órgano polo que foi elexida. Os candidatos e candidatas de EU foron aprobados-as polo Consello Político Nacional, o mesmo que agora lle pedíu que cedera o posto.
Carmen Iglesias sabíao cando aceptou ir de candidata por EU.

Desentenderse dos seus deberes en relación coa organización política que lle facilitou o acceso a unha cargo público chámase transfuguismo.

EU e AGE, de común acordo, deben intentar impedir que se consume este descolgue dunha candidata respecto dos seus compromisos persoais e políticos. A lexislación electoral vixente e a normativa do parlamento galego, elaboradas polo PP, permiten e non impiden que un deputado teña a súa residencia fora de Galicia, que compatibilice o seu traballo coa súa laboura parlamentaria.

Polo tanto é moi probable que poida interrumpirse un delito político de transfuguismo, bocinado e bendecido a todo watio por certas industrias da información e políticos oportunistas que babean inquina e mexan auga bendita de preocupación pola merma de adicación de David ó desempeño como deputado.

Así pois, sentimos moito que non se cumplan os seus desexos destructivos sobre AGE, poden vostedes berrar, patexar e coucear, pero en EU e AGE non mandades, porque a nosa vida é nosa e da xente que nos deu a súa confianza.

Dito isto, envíolle un sinceiro saúdo a Carmen Iglesias e a miña solidariedade no persoal, xa que no político errou, porque malos dias témolos calquera.

Galicia, 10-11-2013

No hay comentarios: