vc


Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si continúas utilizando este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.

sábado, 26 de mayo de 2012



Juan Fajardo encabezará a candidatura provincial de EU
 
Foto: Aspecto da convención celebrada nun hotel da cidade de Vigo

A convención provincial de ESQUERDA UNIDA acordou hoxe en Vigo presentar como cabeza de lista para as vindeiras eleccións autonómicas a Juan Fajardo Recouso, actual concelleiro en Vilagarcía de Arousa. Traballador Informático, actualmente atopase no paro. Acompáñao como número 2 da candidatura a viguesa Eva Solla, enfermeira e responsable do área de Saúde e Benestar Social en Vigo, traballadora do SERGAS. Dita candidatura deberá ser ratificada polo Consello Político Nacional de Esquerda Unida.

A candidatura aprobada supón unha renovación do 80% respecto das pasadas eleccións, cunha ampla participación da mocidade.

O acto iniciouse cunha asemblea aberta, na que un 50% dos asistentes eran persoas non afiliadas, representativos de diferentes sectores sociais e na que se realizaron aportacións aos documentos programáticos que ESQUERDA UNIDA defenderá no parlamento autonómico.
 Foto: intervención de Juan Fajardo
Na súa intervención, Juan Fajardo, destacou que EU aporta firmeza na construción dunha barreira contra a agresión ó emprego e ós servizos sociais; aporta coherencia entre o que se di e o que se fai; aporta solvencia na alternativa, para combater a resignación. 

Chamou a mobilización para unha saída da crise que se faga tendo en conta ás persoas e non os poderes financeiros, chamados mercados.

Un sentir maioritario da Convención foi a aposta pola Convocatoria Social como método de construción e participación dende abaixo.

Vigo, 26 de maio de 2012


jueves, 24 de mayo de 2012

O REXIME ESPAÑOL MALTRATA CUBANOS

Ler máis