vc


Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si continúas utilizando este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.

domingo, 15 de abril de 2012

MANIPULACIÓN DE FOTOGRAFÍAS. ¿TROTSKI OU STALIN?

Por Román Alonso*

Estas fotografías e texto anexo están tomadas dun libro de Historia de 4º da ESO (1).

No libro de Historia de 1º de Bacharelato repítense as fotografías cun contido textual similar.

Pasemos a analizar esta proposta ¿educativa?

  1. CONSIDERACIÓNS PREVIAS

Os libros de texto acostuman ser elaborados por equipos de profesores recoñecidos expertos da materia.

Neste caso os autores colocan como un actividade para o alumnado de 4º da ESO unha análise de fotografías, tarefa en principio encomiable. Tan valiosa educativamente deben considerar os autores esta análise que se repite en 1º de Bacharelato.

Proponse en pleno século XXI ó alumnado a análise dunhas fotos referidos a uns feitos de 90 anos atrás.

  1. ANÁLISE DA PROPOSTA DIDÁCTICA
    1. Explicación de datos.

As fotografías recollen un mitin no que Lenin arenga a unha multitude que o texto adxunto sitúa no ano 1920. Recolle un momento de guerra civil na URSS, desencadenada a continuación da revolución de 1917, na que o pobo ruso enfróntase contra os exércitos brancos defensores do zarismo.

Compre advertir que esta tarefa de análise de fotos está inserta nunha unidade didáctica titulada “A ditadura estalinista (1929-1953)” e ven precedida de textos anteriores da mesma unidade, nos que se responsabiliza persoalmente a Stalin de eliminar fisicamente ós seus opoñentes.

Esta parella de fotografías aparece habitualmente nos textos escolares de historia así como en libros e artigos publicados por organizacións trotkistas diversas ó longo dos derradeiros decenios.

    1. Ideas principais.

Considerando as fotografías e os textos anexos, a idea principal que se recolle é que Stalin mandou retocar unha fotografía, a da parte superior, para facer desaparecer da mesma a Trotski e Kamenev que aparecen na escaleira de acceso á tarima onde está a falar Lenin.

Unha idea connotativa da composición das dúas fotografías e texto da unidade didáctica no seu conxunto é que Trotski e Kamenev eran persoas próximas a Lenin, algo que Stalin non podería soportar.

  1. ANÁLISE DAS FOTOGRAFÍAS

Tal como nos propoñen os autores pasemos a analizar detidamente as fotografías.

    1. Imaxe de Lenin. ¿Trátase dunha persoa na mesma posición en ambas fotografías ou Stalin mandou ladealo un pouco máis hacia a nosa esquerda?.
    2. Imaxe dos gardas de seguridade situados ó pe do estrado. ¿Están na mesma posición en ambas fotografías ou Stalin mandou retorcerlles o pescozo?.
    3. Imaxe do público situado na parte inferior dereita de ambas fotografías. ¿ Están as persoas na mesma posición en ambas fotografías ou Stalin mandou mover as figuras?.
    4. Edificios situados ó fondo. ¿Están situados ó mesmo nivel nas dúas fotografías ou Stalin mandou elevar os edificios na segunda fotografía?.
  1. COMENTARIO
    1. ¿Manipulou Stalin ou manipulan os burgueses?.

Da análise das fotografías conclúese facilmente que se trata de dúas tomas distintas sacadas con cámaras situadas en posicións distintas, en momentos distintos do mesmo mitin.

O que debe ser motivo de reflexión é o por qué da presentación reiterada en textos escolares e trotskistas destas fotografías como un exemplo da perversa conduta de Stalin. Por qué en pleno século XXI, xa desaparecida a URSS dende o ano 1991, seguen os libros escolares teimando nesta cuestión.

    1. Contextualización destas ideas.

A revolución soviética aterrorizou á burguesía internacional polo temor a que as ideas revolucionarias marxistas prenderan nas masas obreiras de todo o mundo o que poría en perigo os seus negocios, a súa dominación de clase.

Por este motivo a burguesía imperialista desencadeou unha brutal campaña para derribar a revolución soviética a calquera prezo.

Primeiramente foi a “intervención aliada na guerra civil rusa” pola que 14 países capitalistas (Inglaterra, Francia, Estados Unidos, ...) invadiron o territorio ruso, promocionando e apoiando ó “exercito branco” que defendía a volta ó poder dos zares e que lóxicamente contaba con poucos seguidores entre a poboación rusa. Proba delo é que o exército roxo, do pobo revolucionario, derrotou, tras unha custosa guerra civil a este exército zarista e ós seus valedores estranxeiros que tiveron que retirarse, deixando ós rusos co país destrozado, con fame e miseria, tras os 3 anos da I guerra mundial (1914-1917), máis os 6 anos de guerra civil (1918-1923).

A burguesía optou entonces por promover o nazismo e o fascismo. Cando xa o pobo ruso empezaba a levantarse, foron invadidos polo exército nazi (1941-1945), defensor do capitalismo, que adicouse a facer un auténtico exterminio de poboación. Foron os soviéticos baixo a dirección de Stalin os que romperon o espiñazo do exército alemán, pero a un custo horroroso de 20.000.000 de mortos. Nunca está demais estudar a Batalla de Stalingrado.

Acabada a II guerra mundial, o prestixio da URSS era enorme entre a clase obreira de todo o mundo, polo que, logo duns anos de contemporización, a burguesía lanzouse a chamada Guerra Fría coa intención de illar politicamente á URSS e impedir o efecto contaxio.

É neste contexto que compre inserir a campaña de descrédito contra Stalin, secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética, a quen a propaganda burguesa sigue facendo culpable entre outros crimes, dos 20.000.000 de mortos provocados por na invasión nazi.

A presentación desta parella de fotografías como unha manipulación de Stalin debe pois entenderse como un produto da propaganda imperialista á que tantos servizos prestaron, voluntaria ou involuntariamente, Trotski e os seus seguidores. Propaganda coa que se trata de controlar o pensamento das novas xeracións, mesmo dende a escola secundaria. Non nos debe estrañar, se temos en conta que as empresas editoriais son propiedade de grandes capitalistas que seguen tendo medo á revolución da clase obreira.

    1. Os libros de historia burgueses non son fiables, cando falan do comunismo

Non sabemos se os autores desta proposta didáctica actuaron de mala fe, conscientes da falsidade, pero o máis probable é que fosen, como tantos profesores, vítimas inocentes da propaganda imperialista e trotskista.

Os libros de texto editados pola burguesía, cando analizan a revolución soviética, conteñen habitualmente múltiples falsidades como esta que aquí analizamos, pero, tal como se pode comprobar, da traballo explicitar os erros.

* Román Alonso é licenciado en pedagoxía, xubilado.


[1] VVAA. (2009). Historia 4º ESO. Navarra: Editorial Santillana.

2 comentarios:

Leopin dijo...

hola Roman,

Como estudiante y gran aficionado a la fotografia me gustaria hacer algunos comentarios sobre la fotomanipulacion.

La manipulacion y el fotomontaje en fotografia se ha puesto recientemente de moda gracias a herramientas como el photoshop, pero cualquier persona que sepa un poco de historia de la fotografia sabe que la alteracion de fotos y los fotomontajes estan vinculados a los mismisimos origenes de la misma. La primeras dos guerras documentadas fotograficamente (la guerra de Crimea, fotografiada por Roger Fenton y la guerra de secesion americana) ya recogen casos de manipulacion, altercion, o sesgo de la realidad motivados, como siempre por la politica y el dinero (que al final vienen a ser lo mismo).

El regimen de Stalin y muchos otros mas modernos, como el regimen de G. W. Bush con las famosas fotos de las armas de destruccion masiva, han considerado la fotografia como un medio peligroso y al que era mejor mantener bajo control en la medida de lo posible.
En concreto en el regimen de Stalin, grandisimos fotografos como Rodchenko, usaron el fotomontaje para hacer publicidad del regimen (entre otros muchos y entre muchas otras cosas). En general los regimenes totalitaristas del siglo XX, todos manipularon fotografias de una manera o de otra (quien no ha oido hablar de la controversia con las peliculas y fotos de Leni Riefenstahl, por ejemplo) .

Todo esto te lo digo sin entrar a valorar ningun otro aspecto del regimen de Stalin, .... es decir, sin recordar que ha sido uno de los mayores asesinos en masa de la historia de la humanidad, junto con Hitler, Pol Pot y tantos otros.....
Me atrevo a recomendarte tambien el libro de fotografia de tomas Kizny, "Gulag", muy interesante y muy apropiado para el tema.

Saludos

L. de Castro

Ramón Hernández dijo...

Son dos fotos diferentes.