vc


Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si continúas utilizando este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.

viernes, 14 de octubre de 2011

CAYO LARA EN VIGO


É O MOMENTO DA ESQUERDA
ALTERNATIVA E ANTICAPITALISTA
A crise global do capitalismo, que se manifestou principalemente como
unha crise financeira e de emprego, viuse agravada por unha crise enerxética
e ambiental producida por un sistema que premia o afán de lucro en lugar
do ben común.
No mesmo sentido, a construción neoliberal europea entrou en crise e sofre
dos males que lle diagnosticamos no seu momento fundacional, os gobernos
actúan ao ditado dos especuladores, a soberanía popular está en dúbida
e a democracia en cuestión. A economía ponse ao servizo de cada vez
menos xente e de intereses cada vez máis inconfesables, as medidas que
toman os Gobernos diríxense contra os traballadores e traballadoras, contra
os pobos e contra as nacións.
Ao mesmo tempo, a guerra e a súa maquinaria de morte desprégase para
pór os recursos naturais do planeta ao servizo dos intereses do capital e
de manter o propio negocio da guerra. Neste momento de fonda preocupación
social, a indignación debe converterse en rebeldía organizada e nunha
Alternativa que abra espazo á esperanza, trátase de buscar unha saída de
esquerda á crise, trátase de politizar a crise, en definitiva de recuperar o
nexo que nunca debeu romper entre economía, sociedade e política.
Desde esta realidade, os homes e mulleres de ESQUERDA UNIDA estamos
convencidos da necesidade de plantar cara ao neoliberalismo en todas as
frontes, e de concretar un Programa social alternativo para os millóns de
homes e mulleres que padecen as súas consecuencias, un Programa que
demostre que é posible avanzar en conquistas sociais, reconstruír o anhelo
dunha Europa social, democrática e equitativa, para desenvolver esta
proposta queremos plantexar as propostas de EU como unha achega á loita
e á mobilización por unha alternativa social para saír da crise.
COLABORA NA CONSTRUCCIÓN DA ALTERNATIVA
MOBILÍZATE E LOITA POLOS TEUS DEREITOS E CONTRA
A AGRESIÓN DO CAPITAL

No hay comentarios: