vc


Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si continúas utilizando este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.

jueves, 31 de marzo de 2011

¡Alto á criminal agresión imperialista en Libia!

Os gobernos da mafia imperialista, liderados polo “nóbel da paz”, Obama, e coa cobertura dun antidemocrático Consello de Seguridade da ONU, desencadenaron unha agresión militar contra Libia que conculca o dereito internacional. Falsean e ocultan datos.

Din os mafiosos:

Dicimos nos que Zapatero, Rajoi e periodistas mercenarios son uns criminais mentireiros, porque:

Que houbo unha revolta popular contra Gadafi?

O que houbo foi un levantamento ARMADO de determinados libios contra o seu estado, provocando de inmediato unha guerra civil.

Que Gadafi masacra á súa propia poboación civil?

Confunden á poboación civil coa xente armada sublevada. Nos non nos posicionamos por ningún bando, porque entendemos que ese tema téñeno que resolver os propios libios sen inxerencia estranxeira. Isto vale para Libia e para os sultáns da Liga Árabe.

Que queres protexer ó civís?.

O que se observa é que pretenden apoiar ó bando contrario a Gadafi. Non defendemos a Gadafi, pero entendemos que esta agresión implicará un alongamento da guerra civil, máis mortes e sufrimento.

Que o réxime de Gadafi oprime ó seu propio pobo?



Non defendemos a Gadafi, pero Libia ocupa o primeiro lugar no Índice de Desenvolvemento Humano de África e ten a máis alta esperanza de vida do Continente. O nivel cultural da súa poboación é sen dúbidas máis alto. A poboación non carecía de alimentos e servizos sociais indispensables.

O principal motivo desta agresión é facerse co control estratéxico dunha zona petrolífera

eu-vigocomarca@esquerdaunida.org

www.esquerdaunida.org

vigo@pcgalicia.org

www.pcgalicia.org

http://www.xcgalega.org/